jueves, 27 de diciembre de 2012

Excursión o Domingo

Lembrade todos que este domingo día 30 imos facer unha pequena excursionciña para rematar ben o ano vendo un concerto dos nosos compañeiros da Banda de Lalín, que celebran o seu XXVI Concerto de Reis cuns convidados moi especiais, entre os que se encontran Johan de Meij e David Childs.

Dende Catoira sairá un autobús gratuito para os membros da banda e cun custo de 3 euros para os alumnos da Escola de Música ou xente cercana que lle poida interesar (tendo preferencia os pertencentes á banda). Hoxe é o último día para apuntarse e a lista definitiva de xente recollerase hoxe no ensaio (ás 21:00, por se hai algún despistado) e despois poderanse completar as prazas libres ata encher o autobús.

Aquí vos deixo a páxina do evento en Facebook e o cartel por si queredes máis información.



No hay comentarios:

Publicar un comentario