lunes, 31 de diciembre de 2012

Feliz Aninovo

31 de decembro: ensaio ás 11 da mañá e pinchos de fin de ano cunha copiña de champán. Leva anos sendo así e hoxe non será unha excepción, así que xa sabedes todos, hoxe ás 11 teremos o ensaio máis concurrido do ano (queiras que non, a comida atrae xente...) e logo brindaremos por outro ano máis xuntos.


Por outro lado, onte fomos ver o Concerto de Fin de Ano  dos nosos compañeiros da Banda de Lalín, cun programa excelente co que deixaron o listón ben alto. De momento non teño moitas fotos, así que se alguén sacou algunha, agradecería que mas enviarades a blogbandacatoira@gmail.com

Polo momento déixovos ó Mestre Johan de Meij dirixindo o arranxo que él mesmo fixo de Joropo (orixinal de Moisés Moleiro), con David Childs como solista de bombardino, e a segunda, que non se ve moi ben, é a performance que fixo o propio Johan de Meij vestíndose de Beethoven (con campá de clarinete baixo pegada ó oído incluída facendo de trompetiña) con motivo da estrea mundial da súa obra Extreme Beethoven, que demostra que ademáis de xenio, rebosa sentido do humor.

Joropo
"Beethoven de Meij"

Xa por último, e para que vaiades practicando para mañá, aquí tendes un vídeo da Marcha Radetzky no concerto de Ano Novo do ano 2009, onde Daniel Barenboim dirixeu ó público. Bueno, e de paso á Orquestra Filharmónica de Viena.


Que pasedes todos un feliz fin de ano que o 2013 sexa un ano cheo de bos momentos e moita música!


Fonte da Imaxe 1: Música en Marcha

1 comentario:

  1. que pena mais grande non poder ir ós pinchos...digo ó ensaio!! jejeje!!
    bueno, ensaiade moito, quentade motores para a noite, e a pasalo moi ben!!!

    ResponderEliminar